As localidades de Oia e Baiona acolleron este domingo a segunda edición do Desafío Talaso Atlántico, proba organizada por Ciclismo Oiense e apadriñada por Óscar Pereiro, vencedor do Tour de Francia do ano 2006, e que abre o calendario de marchas cicloturistas da Federación Galega de Ciclismo.
A pesar do mal tempo, inscribíronse na proba 130 ciclistas, que partiron ás 10:00 horas da chaira do hotel Talaso Atlántico e fixeron un traxecto de 23 quilómetros, pasando polo Faro Silleiro, ata o Mosteiro de Santa María de Oia. Desde alí comezou a crono escalada, de 17 quilómetros e dificultade media ata o Monte da Groba, coroando 600 metros de altitude.
Unha vez superado este segundo tramo, onde se deu o avituallamento, houbo un percorrido final de 20 quilómetros, de regreso ao Hotel Talaso Atlántico, que discorreu por Chan da Lagoa, Baíña e Baiona. Na chaira do hotel fíxose a entrega dos premios e celebrouse un sorteo.
O vencedor absoluto da proba foi Aser Estévez (Cortizo), campión de España en 2009 de crono e con 18 títulos en campionatos galegos, cun tempo de 38 minutos e 41 segundos. O segundo mellor clasificado foi Juan Luís López de Guereñu (Ría de Vigo), cun tempo de 42 minutos e 3 segundos, e o terceiro foi Antonio Portela (Club Ciclista Cambre), con 42 minutos e 4 segundos.
Clasificación por idades:
Masculino:
20 anos: Aser Estévez
30 anos: Carlos Alonso
40 anos: Juan Luis López de Guereñu
50 anos: Manuel Bugallo
60 anos: Jesús Carballeira
70 anos: Carlos Lobelle
Feminino:
20 anos: Isabella de Oliveira
30 anos: Lidia Adelin
40 anos: Sandra Fabián
CLASIFICACIÓN XERAL II DESAFÍO TALASO ATLÁNTICO
CLASIFICACIÓN POR CATEGORÍAS II DESAFÍO TALASO ATLÁNTICO



