A canteira da AD Vincios segue acadando éxitos

Luisa Pintos e Simón Casal, xogadores da AD Vincios, participan en Murcia coa selección galega cadete nos «Campionatos de España en Idade Escolar 2018». O equipo cadete feminino formado por Claudia Canay de Narón, Noa Bernardes de Monteporreiro e Luisa Pintos da AD Vincios, acadou a final da súa categoría, quedando en segunda posición tras perder 3-1 ante Andalucia. Mentres o equipo masculino formado por Diego Varela do Club do Mar de A Coruña, Pedro Castro do Vilagarcía TM e Simón Casal do AD Vincios, quedaron terceiros tras perder 3-0 en semifinais ante a Comunidade Valenciá.

Anuncios