O Concello de Nigrán, en colaboración coa librería especializada en literatura infantil e xuvenil “Donde viven los cuentos”, finaliza este sábado 28 de abril o mes dedicado á promoción da lectura entre os máis pequenos cun contacontos musical a cargo de Matrácala ás 12:00 horas no Auditorio Municipal e ás 18:00 horas tamén no Auditorio o obradoiro “Pintando a Música” baseado no imaxinario de Hervé Tullet e dirixido a familias e nenos a partir de 5 anos (Tullet é recoñecido en Francia como o “Príncipe dos libros de Preescolar”).
Nigrán despide o “Mes do Libro” cun contacontos musical e o obradoiro “Pintando a Música”

