A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, propón á mocidade un Curso de Animación Hospitalaria Infantil de 50 horas de formación. 30 serán teóricas do 24 de maio ao 8 de xuño en horario de mañá de 10:00 a 12:30 horas, e 20 prácticas concretándose data unha vez iniciado o curso.
O ingreso hospitalario para un neno/a provoca un estado de crise familiar, o tránsito deste proceso pódese mellorar ocupando o tempo libre con tarefas lúdico educativas. Con este curso a Concellería de Xuventude ofrece unha formación diferenciadora e emerxente dentro da animación sociocultural. Esta formación vai ofrecer pautas de como enfocar a atención lúdico-educativa, tendo en conta as peculiaridades que leva unha enfermidade de longa duración e unha hospitalización durante a infancia.
Todo o que teña interese en participar nesta oferta educativa poderá inscribirse do 2 ao 16 de maio. Terán preferencia os mozos/as do Concello de Gondomar, con idades comprendidas entre os 18 e os 40 anos, que sexan desempregados e que teñan unha formación na área da animación sociocultural.
Para inscribirse hai cubrir os anexos dispoñibles na páxina web do Concello de Gondomar ou na OMIX e entregalos no Rexistro do Concello durante o período de inscrición. Para máis información chamar ao 986 369 746.

