Anuncios
Ticker de novas

O Baíña FS busca nenas de entre 6 e 15 anos para a formación de equipos femininos

FOTO: BAÍÑA FS // Irene, María e Iria.

O Baíña Fútbol Sala, en colaboración coas Concellerías de Deportes e Igualdade do Concello de Baiona, pon en marcha unha serie de xornadas de adestramentos para a formación de equipos femininos a próxima tempada.

O club baionés fará unhas xornadas de portas abertas os xoves 7, 14 e 21 do mes de xuño ás 20:00 horas no Municipal de Baiona ás cales se poderán achegar todas as nenas entre 6 e 15 anos que desexen comezar a practicar este deporte.

Ademais, coa colaboración das Concellerías de Igualdade e Deportes, o Baíña FS visitará os colexios de zona. Nestas visitas o club contará coa colaboración do club da Primeira División e campión da Copa Xunta Poio Pescamar. Algunhas das súas xogadoras achegaranse a mostrar as súas habilidades co balón, charlarán sobre a importancia do deporte nas etapas formativas e transmitirán a súa paixón por este deporte.

O Baíña Fútbol Sala considera este paso fundamental no seu crecemento como club, tanto deportiva como socialmente, completando co apoio do Concello de Baiona, a oferta para o deporte feminino que actualmente xa abarca desde os 4 aos 14 anos en categorías mixtas.

Anuncios