O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo de solicitude para o Programa Campaña de Verán 2018 (campamentos) organizados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Os campamentos están destinados a mozos e mozas nados entre os anos 2000 e 2009. O período de inscrición remata o día 18 de maio.
Para máis información e/ou presentación de solicitudes as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada pola vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, teléfono 986 383 081.

