Baiona ampliará o pantalán de acceso ao Museo Flotante da Carabela Pinta

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // O alcalde e o presidente de Portos no pantatán Cristóbal García Sarmiento.

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e o Presidente de Portos de Galicia, José Juán Durán, visitaron onte o pantalán Cristóbal García Sarmiento que dá acceso á Carabela Pinta para anunciar a ampliación do mesmo. Os traballos supoñerán un investimento de 20.000 euros e servirán para facilitar a accesibilidade e despexar o reorganizado paseo de Alfonso IX.

“Coa nova localización do despacho de billetes de acceso ao Museo Flotante da Carabela Pinta despexaremos o paseo de Alfonso IX, un lugar moi utilizado polos baioneses e visitantes para gozar das bonitas panorámicas que ofrece. Renovarase e mellorarase unha infraestrutura que é utilizada polos dous traballadores que se ocupan do mantemento da Carabela e do control de acceso á mesma. A Carabela é uns dos monumentos máis visitados da zona. O ano pasado visitárona ao redor de 50.000 persoas”.

Durán tamén aproveitou a visita á Vila para comprobar o resultado das melloras da iluminación na contorna da lonxa por valor de 6.000 euros.