Dous veciños de Gondomar foron detidos esta mañá pola Garda Civil en relación coa vaga de incendios do pasado mes de outubro. A ambos se lles relaciona co que tivo a súa orixe na parroquia de Morgadáns e que se estendeu ata o termo municipal de Vigo.
Tras pasar este mediodía a disposición do Xulgado de Instrución número 8 de Vigo quedaron en liberdade. Ningunha das partes presentes na declaración solicitaron o seu ingreso en prisión.
O arresto dos dous homes, duns 50 anos de idade, produciuse tras as indagacións realizadas polo Seprona, que contou coa colaboración cidadá. Investígaselles xudicialmente por un delito de incendio forestal.

