
Representantes da formación Cidadáns en Val Miñor reuníronse coa Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís para coñecer as actividades que desenvolven e as problemáticas do colectivo.
Os membros de Cs en Val Miñor presentes no encontro puideron coñecer de primeira man as queixas veciñais desta Asociación respecto de temas como a proposta de uso do Mercado de Sabarís como Centro Social que choca coa proposta do Concello de usalo como multiusos, a situación e estado do Cámping Bayona Playa, os servizos do Concello como limpeza, Policía, etc… e moitos máis asuntos que escoitaron para facer un seguimento.
Todo eles, temas dos que desde Cidadáns tomaron boa nota para axudar así a unha mellora dos servizos para os veciños.