A Comisión de Festas de Vilaza organiza a VI Ruta Cabalar o próximo domingo 22 de abril, con saída ás 9:30 da mañá desde o Torreiro de Festas da parroquia. As inscricións son gratuítas e poden realizarse no teléfono 625 408 794 ou no bar da comisión. Os que queiran desfrutar dun pincho a metade de percorrido deberán abonar 5 euros, e se ademais se quere participar nunha comida campestre ao finalizar, serán 16 euros.
A Comisión de Festas de Vilaza organiza a VI Ruta Cabalar

