Sin categoría

O Trial das Nacións de Baiona, mellor evento deportivo do ano 2017 en Galicia

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de publicar a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2017 que se entregarán o vindeiro día 14 de maio no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2017, e distinguen este ano 17 categorías.

O Trial das Nacións – Campionato do Mundo de Trial, organizado pola Peña Moteros Val Miñor e disputado os pasados días 23 e 24 de setembro na vila de Baiona, será recoñecido como Mellor Evento Deportivo. Nesta cita intercontinental concorreron unha vintena de países cos mellores pilotos do mundo, sendo España a vencedora absoluta en categoría feminina e masculina.