O equipo feminino do Vincios disputará a fase de ascenso á División de Honra

FOTO: AD VINCIOS // Alba Prades, Luisa Pintos, Viktoriia Pryshchepa e Lucía Domíngez.

O próximo fin de semana o equipo feminino Vincios/Bade, formado por Alba Prades, Luisa Pintos, Viktoriia Pryshchepa y Lucía Domíngez, disputará a fase de ascenso de Primeira División Feminina a División de Honra, na poboación madrileña de Collado Mediano, tras acabar a fase regular como primeira do seu grupo, gañando todos os partidos. Acompañaralle á fase de ascenso, do seu mesmo grupo, o equipo feminino da Agrupación Deportiva Zas, o Cinania de Cangas e o Visit Pontevedra.