Anuncios
Ticker de novas

Gondomar contrata a 20 desempregados grazas ao Plan Concellos

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado polo concelleiro de Vías e Obras, Jose Manuel Chamorro, recibiu este luns aos 20 novos traballadores municipais contratados polo Concello a través da liña 3, de emprego para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra. Trátase de 13 peóns, 2 condutores, 1 electricista, 1 ferreiro, 1 auxiliar administrativa, 1 conserxe e 1 técnica de turismo.

A duración do contrato será de oito meses e en total destínanse 218.552,34 € da institución provincial para a prestación de servizos de competencia municipal de forma directa por medio da contratación de persoal desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego, sempre respectando a preferencia na contratación dos colectivos máis desfavorecidos e a debida adecuación salarial á cualificación profesional dos postos que se van a cubrir.

Anuncios