Anuncios
Ticker de novas

Un centenar de deportistas disputan en Nigrán a final provincial de Dúatlon Escolar

Este domingo celebrouse en Nigrán a final provincial do programa de Dúatlon Escolar do presente ano, coa participación dun cento de deportistas das categorías, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. A proba, que se desenvolveu na contorna de Praia América, estivo organizada polo Concello de Nigrán xunto co Club Tríatlon Mar de Vigo e a Federación Galega de Tríatlon, contando co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte.

A saída, boxes e meta situouse na contorna das instalacións deportivas de Gaifar (Panxón). Na proba benxamín os participantes correron 500 metros, fixeron 2 quilómetros en bicicleta e remataron con 250 metros de carreira a pe. En alevín as distancias foron de 1 quilómetro (carreira), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pe; en infantil os duatletas realizaron 1,5 quilómetros de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e en cadete os participantes fixeron 2 quilómetros de carreira a pe, 8 quilómetros de bicicleta e 1 quilómetro de carreira.

O programa de Dúatlon Escolar consta de varias probas locais ou zonais (Santiago, Lugo, Carballo e Maceda), nas que se clasifican os 25 mellores por categoría e sexo para as fases provinciais e aquí lograron o pase ao Galego os 8 primeiros clasificados de cada categoría, ademais dos dous primeiros equipos por categoría e sexo. “Xogade” está desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon.

Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibiron medallas como premio.

Prebenxamín

POS. DOR. NOME CLUB TEMPO
1 290 TOMÁS BAUTISTA BUGARÍN CLUB ATLETISMO PORRIÑO 0:05:38
2 291 ARTAI LÓPEZ MONTEAGUDO CLUB TRÍATLON MAR DE VIGO 0:05:52
3 287 HUGO MOURE DORCA CLUB NATACIÓN RIVEIRA 0:06:07
POS. DOR. NOME CLUB TEMPO
1 279 MARTA MUÑIZ RAMA CLUB NATACIÓN RIVEIRA 0:05:40
2 280 EMMA SANISIDRO HERMIDA CLUB NATACIÓN RIVEIRA 0:06:15
3 285 CARLA COLLAZO CARAMÉS TRÍATLON MERCANTIL PONTEVEDRA 0:06:33

Benxamín

POS. DOR. NOME CLUB TEMPO
1 17 ROQUE GONZÁLEZ BATÁN TRÍATLON MAR DE VIGO 0:09:12
2 14 ADRIÁN RODRÍGUEZ ANTÓN TRÍATLON MAR DE VIGO 0:09:20
3 38 XABIER BAUTISTA ESTÉVEZ CLUB ATLETISMO PORRIÑO 0:10:07
POS. DOR. NOME CLUB TEMPO
1 6 NAGORE OTERO MARTÍNEZ CLUB DEPORTIVO PINARIUM 0:10:56
2 4 NAIA ÁLVAREZ RIVERO TRÍATLON MAR DE VIGO 0:11:27
3 3 SARA RODRÍGUEZ BARROS TRÍATLON MAR DE VIGO 0:11:53

Alevín

POS. DOR. NOME CLUB TEMPO
1 58 KEVIN GUTIÉRREZ FERNÁNDEZ TRÍATLON MAR DE VIGO 0:16:11
2 56 ANTÓN VARELA GONZÁLEZ TRÍATLON MAR DE VIGO 0:16:33
3 77 AXEL FERNÁNDEZ COCHÓN CLUB CICLISMO TRÍATLON POIO 0:16:46
POS. DOR. NOME CLUB TEMPO
1 52 LORENA PATIÑO VILLANUEVA CLUB DEPORTIVO PINARIUM 0:15:21
2 42 MARTA NOVO DIOS TRÍATLON MOTOBIKE GALAICO 0:16:54
3 39 SARA TAJES LEDE TRÍATLON MOTOBIKE GALAICO 0:17:33

Infantil

POS. DOR. NOME CLUB TEMPO
1 254 LUCAS ORTÍNS MÉNDEZ TRÍATLON MERCANTIL PONTEVEDRA 0:21:10
2 259 NICOLÁS MAZOY GARCÍA CLUB ATLETISMO PORRIÑO 0:21:17
3 258 DIEGO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ CLUB ATLETISMO PORRIÑO 0:22:09
POS. DOR. NOME CLUB TEMPO
1 78 VICTORIA ANNA CONS GESTIDO TRÍATLON MOTOBIKE GALAICO 0:22:12
2 85 MARÍA GONZÁLEZ BATÁN TRÍATLON MAR DE VIGO 0:22:52
3 93 LAURA ALONSO GONZÁLEZ CLUB ATLETISMO PORRIÑO 0:23:08

Cadete

POS. DOR. NOME CLUB TEMPO
1 274 ELOY FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ TRÍATLON MAR DE VIGO 0:25:07
2 273 DAVID GONZÁLEZ BORGES TRÍATLON MAR DE VIGO 0:25:09
3 270 HUGO VÁZQUEZ FERRO TRÍATLON MOTOBIKE GALAICO 0:22:09
POS. DOR. NOME CLUB TEMPO
1 263 HENAR DIANA CONS GESTIDO TRÍATLON MOTOBIKE GALAICO 0:27:09
2 264 NATALIA CASTRO SANTOS TRÍATLON MOTOBIKE GALAICO 0:27:42
3 262 MARTINA MANUELA CONS GESTIDO TRÍATLON MOTOBIKE GALAICO 0:27:48

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios