Anuncios
Ticker de novas

Panorama chega a Nigrán coa súa Xira Deluxe Tour

A Orquestra Panorama chega este venres 13 de abril a Nigrán coa súa Xira Deluxe Tour tras os seus primeiros concertos da tempada, nos que tivo un enorme éxito de público a pesar do mal tempo das últimas semanas. Panorama poñerá en escena todo o seu novo espectáculo, cheo de luz, cor, a mellor música, un vestiario innovador e brillante e unha posta en escena ao máis alto nivel.

O evento, organizado pola Coral Stella Maris de Nigrán, será no Campo de Lourido de Praia América, onde haberá food trucks e unha Master Class de Zumba ás 21:30 horas. Ás 23:30 horas comezará a actuación da Orquestra Panorama e para finalizar a festa, un DJ.

O obxectivo é recadar fondos de fronte ao gran concerto de verán que a Coral está a preparar un ano máis. As entradas, cun prezo de 5 euros, estarán á venda o mesmo día do concerto a partir das 10:00 da mañá no propio recinto. A apertura de portas será ás 21:00 horas. O aforamento é limitado.

Anuncios