Anuncios
Ticker de novas

Nigrán acolle este domingo a final provincial de Dúatlon Escolar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Dúatlon en Porto do Molle.

O Concello de Nigrán acolle este domingo dende as 11:00 ata as 13:45 horas a final provincial de Dúatlon Escolar, na que participarán preto dun cento de deportistas en categorías dende benxamín a cadete. Todos eles terán a oportunidade de clasificarse no Campionato Galego. A proba, que se desenvolverá na contorna de Praia América, está organizada polo Concello de Nigrán xunto o Club Tríatlon Mar de Vigo e a Federación Galega de Tríatlon e conta co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte.

A saída, boxes e meta situarase na contorna das instalacións deportivas de Gaifar (Panxón). A primeira competición a disputará ás 11:00 horas a categoría benxamín, constando de 500 metros de carreira a pé – 2 km de bicicleta – 250 m de carreira a pé. A continuación, ás 11:30 horas, terá lugar a proba dos alevíns con 1 km de carreira a pé – 4 km de bicicleta – 500 m de carreira a pé. Seguirán os infantís ás 12:15 horas con 1,5 km de carreira a pé – 6 km de bicicleta – 750 m de carreira a pé. Finalmente, ás 13:00 horas, irán os cadetes con 2 km de carreira a pé – 8 km de bicicleta – 1 km de carreira a pé.

Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán medallas como premio.

Anuncios