Anuncios
Ticker de novas

Todo listo para o I Concerto Benéfico do Centro Juan María

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Presentación do I Concerto Benéfico Centro Juan María.

O Centro Juan María xa ten todo preparado para celebrar este xoves 12 de abril o seu primeiro concerto benéfico, que comezará ás 20:00 horas no Pazo de Cea de Nigrán, a cargo da Orquestra Clásica de Vigo e presentado por Carlos Blanco. O obxectivo do evento, que xa esgotou as entradas, é recadar fondos para a asociación, que necesita 9.033,26 € para adquirir dous guindastres de teito que faciliten a mobilidade dos usuarios nas zonas da piscina terapéutica e os aseos.

Os mozos e mozas do Juan María encargáronse da pegada de carteis e venda de entradas, e durante o concerto serán os responsables da montaxe, roupeiro, cátering, acomodación, parking, cociña, reportaxes fotográficas e de vídeo, entrevistas, limpeza… e tamén terán a honra de poder tocar unha peza coa orquestra.

Os que non poidan asistir pero desexen colaborar poden facelo a través da FILA 0.

Anuncios