Inscricións abertas para participar no VIII Campionato Escolar de Natación do Val Miñor

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

O vindeiro domingo día 29 de abril desde as 10:00 ata as 13:15 horas a Concellería de Deportes de Baiona, en colaboración coa Secretaría Xeral da Xunta de Galicia, organizan na Piscina Mancomunada da Ramallosa o VIII Campionato Escolar de Natación do Val Miñor.

As categorías participantes son Pre Benxamín Mixto (11-10), Benxamín Mixto (09-08), Alevín Mixto (07-06) e Infantil Mixto (05-04).

A data límite de inscrición será o día 26 de abril. É obrigatorio cumprir os prazos, xa que hai que ter dados de alta no seguro aos cativos participantes. Para formalizar a inscrición pódese cubrir o boletín de inscrición e facelo chegar ao Pavillón Municipal de Baiona vía e mail a deportes@baiona.org, chamando ao 986 356 558 e deixando os datos do participante ou que algún responsable do centro educativo recolla todas as peticións dos interesados e as remita ao Pavillón (é necesario como mínimo nome completo, data de nacemento, colexio ao que pertence, teléfono de contacto e probas nas que participa).

O número de prazas para participar será limitado, sendo por rigoroso orde de inscrición.

Realizaranse quendas clasificatorias en cada unha das probas ata obter aos mellores 6 tempos de todas elas, para posteriormente realizar a final en dita proba. As probas son de carácter mixto e as saídas a cada unha delas realizarase dende o interior do vaso (non salto).

As probas son 25 metros croll e 25 metros costas para Prebenxamíns, 25 metros croll e 25 metros costas para Benxamíns, 50 metros croll e 50 metros costas para Alevíns e 50 metros croll e 50 metros costas para Infantís.

HORARIO CLASIFICATORIAS HORARIO FINAIS
10.00 H 50 ESPALDA INFANTIL 12.15 H 50 ESPALDA INFANTIL
10.15 H 50 ESPALDA ALEVIN 12.20 H 50 ESPALDA ALEVIN
10.30 H 50 CROLL INFANTIL 12.25 H 50 CROLL INFANTIL
10.45 H 50 CROLL ALEVIN 12.30 H 50 CROLL ALEVIN
11.00 H 25 ESPALDA BENXAMIN 12.35 H 25 ESPALDA BENXAMIN
11.30 H 25 ESPALDA PREBENXAMIN 12.40 H 25 ESPALDA PREBENXAMIN
11.45 H 25 CROLL BENXAMIN 12.45 H 25 CROLL BENXAMIN
12.00 H 25 CROLL PREBENXAIMIN 12.50 H 25 CROLL PREBENXAMIN

Os rapaces só poderán participar na súa correspondente categoría. Ás 13:00 horas está prevista a entrega de medallas e sorteo entre os participantes.

Para máis información os interesados poden contactar co Pavillón Municipal de Baiona no teléfono 986 356 558 ou no correo deportes@baiona.org.