Baiona ofrece un ciclo de monólogos con Quico Cadaval, Cándido Pazó e Pepo Suevos

Tres dos mellores monologuistas de Galicia serán os protagonistas do Ciclo de Monólogos do 525 Aniversario da Arribada da Carabela A Pinta a Baiona. Organizado pola Concellería de Cultura, celebrarase os dous últimos venres de abril e o primeiro do mes de maio na Capitanía Marítima ás 21:00 horas. Abrirá o ciclo Quico Cadaval o día 20, que cederá a testemuña unha semana despois a Cándido Pazó, para finalizar con Pepo Suevos o 4 de maio. A entrada é gratuíta.