A Asociación de Veciños A Unión organiza unha excursión á Ribeira Sacra

A Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa organiza unha excursión á Ribeira Sacra os días 26 e 27 de maio. O prezo é de 106 euros por persoa e inclúe hotel, o billete do barco para ruta nos canóns, todas as comidas, as entradas de todas as visitas ao centro etnográfico de Sober, Castelo de Castro Caldelas, mosteiro de San Pedro de Rocas, centro de interpretación de Espadanedo, olería Niñodaguia, transporte en autocar, guía acompañante e seguro de asistencia en viaxe. As reservas poden realizarse no teléfono 698 171 843. Prazas limitadas.