A Agrupación Musical de Vincios busca novo director de escola e banda

FOTO: AM VINCIOS // Francisco Valcárcel Piñeiro.

A Agrupación Musical de Vincios busca unha única persoa para continuar o proxecto como escola e banda. As responsabilidades que deberá asumir son a dirección da escola de música, clases de linguaxe musical de todos os cursos, dirección das bandas infantil e xuvenil da escola e dirección da banda Agrupación Musical de Vincios.

Para poder portar ao posto, será necesario presentar un proxecto antes do día 7 de maio, que abarque todas as responsabilidades antes citadas e que sexa continuista e coherente coa situación actual da escola e banda. Xunto ao proxecto deberá presentarse un currículo vitae.

O criterio de admisión fundamentarase na valoración do proxecto e nunha entrevista persoal, con todo a directiva da Agrupación resérvase o dereito de modificar o procedemento de selección, podendo deixar o posto deserto.

Son requisitos imprescindibles compromiso, ilusión e responsabilidade, titulación superior de música ou estar en posesión del a xullo do presente ano e dispoñibilidade en horario de tarde.

Os documentos deberán enviarse por correo electrónico a amdvincios@gmail.com antes do 7 de maio. Máis información no teléfono 680 250 309.

Despois de case catro anos, o actual director da escola e a banda, Francisco Valcárcel Piñeiro, poñerá fin á súa traxectoria en Vincios ao finalizar o verán.