
O pavillón exterior do CSD, dentro do recinto deportivo do CAR de Madrid, acolleu o sábado o Campionato de España Sub-23 de Loitas Olímpicas, no que brillaron as seleccións galegas Sub-23 de Loitas Olímpicas. Galicia acudiu cun total de 15 deportistas, 11 homes e 4 mulleres, para competir nas tres modalidades Olímpicas postas en liza: Loita Libre Feminina, Loita Libre Olímpica e Loita Grecorromana.
Entre os convocados estaba o baionés Omar Rodríguez, do Club de Loita Sabarís, que se fixo coa medalla de prata, proclamándose subcampión de España Sub-23 na Loita Libre Olímpica. A selección galega desta modalidade proclamouse campioa de España.
Despois dun ano sen competir, Omar volveu ao tapiz o pasado mes de febreiro, proclamándose campión galego júnior na categoría de 74 kg nas modalidades Loita Libre Olímpica e Loita Grecorromana e en marzo, campión de España sénior en 74 kg, Loita Libre Olímpica.
A seguinte competición serei o Torneo Internacional Novos Promesas, que terá lugar o 14 de abril na Nucia (Alacante, así como a concentración no CTD de San Javier (Murcia), do 16 ao 20 de abril.