Cans que axudan aos nenos e nenas a mellorar a súa lectura en Baiona

A Concellería de Educación do Concello de Baiona ofertou o pasado fin de semana un obradoiro gratuíto de lectura asistida con cans para nenos e nenas de entre 5 e 9 anos de idade e foi todo un éxito. Así llo fixeron constar á Concelleira de Educación os proxenitores dos nenos e nenas, que se mostraron moi contentos co desenvolvemento da actividade.

Cada vez son máis coñecidos os beneficios da terapia asistida con animais, unha modalidade de tratamento terapéutico no que un animal que cumpre determinados criterios forma parte integral do proceso. Concretamente o propósito do “obradoiro de lectura asistida con cans” organizado en Baiona foi fomentar e mellorar a comprensión lectora, vocalización, atención, concentración, seguridade e autoestima dos pequenos.

Este tipo de terapia cada vez conta con máis adeptos e ten demostrada a súa eficacia. A tamén coñecida como zooterapia pódese levar a cabo practicamente con todos os animais de compañía, pero os máis utilizados son os cans e os cánidos foron os auténticos protagonistas na actividade de Baiona.

O grupo de nenos e nenas puideron experimentar esta nova terapia en primeira persoa. Os pequenos se sentiron moi cómodos durante a lectura asistida con cans, xa que se sentiron libres, lendo en voz alta diante do resto de participantes e os animais. A clave radicou en que os nenos e nenas non se viron xulgados, senón que se percibiron que lían para o can, que lles escoitaba e cando algúns dos cánidos non entendeu algo estea facíalles un sinal (apoiando a súa cabeza nas súas pernas ou levantando unha pata), por iso quen estivese lendo nese momento esforzouse en facelo ben. Estableceuse un vínculo moi bonito entre os nenos e os animais. Sentados en círculo, cada neno ou nena leu durante 5 minutos un extracto dun conto e fóronse alternando. O obradoiro finalizou cunha tarefa cognitiva relacionada co que se leu na que tamén participaron os cans.

Dous Golden retriever e unha labradora “que relaxaron moito aos nenos”, foron os atentos oíntes dos pequenos. Trátase de animais especializados neste tipo de terapias moi proveitosas para a aprendizaxe dos máis pequenos.

Antes de iniciar a actividade os adultos acompañantes asistiron previamente a unha charla cos profesionais para logo pasar a facer o obradoiro soamente cos nenos e nenas, sen adultos, para que estes traballasen dunha forma máis cómoda.

A Concelleira de Educación expón que a actividade organizada polo Concello supuxo «unha oportunidade única para que, a través dos nosos amigos de catro patas, os nenos e nenas compartisen xuntos unha marabillosa e única experiencia de aprendizaxe». Beatriz González insiste en que “ademais de todas as melloras en aspectos concretos, os pequenos aprenderon a compartir e a socializar”.

O vínculo que se creou entre ambas as dúas partes foi tan especial que “os nenos e nenas non querían marcharse e a actividade prolongouse máis do esperado”, destacou a concelleira. Como broche final cada un dos pequenos deu un “premio” aos cans polo seu fantástico comportamento e pola súa participación na actividade.

2018-04-09 - Taller de lectura asistida por perros (2)

Anuncios