Anuncios
Ticker de novas

Semana Santa sen accidentes mortais nas estradas da provincia de Pontevedra

FOTO: GARDA CIVIL // Un dos controis realizados pola Garda Civil de Tráfico durante a Semana Santa.

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra valora positivamente o resultado do traballo desenvolvido na rede viaria da provincia ao facer balance dos operativos de seguridade viaria que se levaron a cabo con motivo das pasadas vacacións de Semana Santa.

O máis destacable é que os plans de servizo contemplados especificamente para este período de tempo desenvolvéronse con total normalidade e, a pesar das adversas condicións meteorolóxicas, non se produciron accidentes mortais, os peregrinos que transitaron polo Camiño de Santiago puideron alcanzar os seus obxectivos sen incidentes e estiveron con todos os usuarios que requiriron as súas indicacións e auxilios.

Dentro do mesmo ámbito de actuacións, cabe sinalar que as infraccións que máis se detectaron durante estas datas estaban relacionadas, por esta orde, con: o exceso de velocidade, positivos en alcol e drogas, non usar o cinto de seguridade e carecer do seguro obrigatorio.

Anuncios