Anuncios
Ticker de novas

Curso de fotografía dixital na Ramallosa

A Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa organiza un curso de fotografía dixital teórico-práctico nivel básico. Os asistentes aprenderán a coñecer a súa cámara, usar os obxectivos, expoñer correctamente, a luz, dominar as regras de composición e os aspectos básicos da comunicación visual en retrato, paisaxe, natureza, fotografía documental, Street photography e deportes, fotografar con flash e en condicións de baixa luminosidade e moito máis.

O curso, de 12 horas de duración, desenvolverase no local da Asociación de Veciños os días 14 e 15 de abril, o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas e o domingo de 10:00 a 14:00 horas. Os interesados poden inscribirse nos teléfonos 986 353 577 ou 698 171 843. Necesitarán unha cámara réflex, sen espello, ou compacta avanzada con modo de exposición avanzada, ou na súa falta o Smartphone, e unha unidade de flash externo (se se ten), tarxetas de memoria e accesorios.

A formación estará impartida por Laureano Gómez Nurias, licenciado en fotoperiodismo na UCM. Leva máis de 20 anos dedicándose profesionalmente á fotografía. Formouse como fotógrafo no xornal Diario16 durante 7 anos. Tamén colaborou en La Voz de Galicia e Grupo El Progreso. Publicou 8 libros e impartiu máis de 25 cursos. Actualmente traballa en Foto Xplora España dando cobertura de concertos e encontros deportivos de primeira división.

Anuncios