OVALMI convoca un curso de inglés para o comercio

Desde a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) queren fomentar a formación das empresas da comarca, por elo e pensando no servizo ás persoas consumidoras do Val Miñor, convoca un curso de inglés para o comercio. A formación, de 20 horas, ten unha orientación claramente práctica e desenvolverase dous ou tres días á semana en horario non comercial, un máximo de dúas horas diarias.

O curso ten un custe de 50€ para socios e de 80€ para os non socios, incluíndo docente especializado, todo o material didáctico e diploma acreditativo para o alumno. Para calquera consulta ou dúbida, os interesados poden poñerse en contacto con OVALMI, a través do teléfono 986 36 67 30 ou no correo electrónico asociacion@ovalmi.com.