Anuncios
Ticker de novas

Gondomar contra o eucalipto

FOTO: REXENERACIÓN FORESTAL AUTÓCTONA VAL MIÑOR // Reforestación en Couso.

O vindeiro sábado, día 7 de abril, a Concellería de Medio Ambiente de Gondomar, dirixida por Antonio Araújo, desenvolverá unha saída do grupo de voluntariado medioambiental polos montes de Couso coa finalidade de arrincar os brotes de eucalipto e evitar a súa reprodución. A saída comezará ás 10:00 horas diante do Centro Neural dende onde os voluntarios se desprazarán ao lugar onde terá lugar esta iniciativa. As persoas interesadas en participar aínda están a tempo de facerse voluntarias cubrindo a folla de inscrición.

Esta iniciativa forma parte dunha estratexia ampla de conservación dos montes comunais de Gondomar concibida no seo da Concellería de Medio Ambiente, cuxo primeiro paso consiste en crear conciencia sobre a necesidade de eliminar o eucalipto dos nosos montes e poñer en contacto a mentalidade urbana coa realidade rural e forestal do país. O eucalipto é unha especie invasora altamente pirófita, que provoca unha rápida expansión dos lumes o que resulta moi prexudicial nos montes galegos.

Anuncios