Sin categoría

Convocan unha concentración para demandar un transporte público digno para Gondomar

Na Asemblea veciñal celebrada o pasado martes día 3 abordáronse os diversos problemas e carencias do transporte público colectivo en Gondomar e expuxéronse diversas liñas de acción na busca de solucións aos mesmos.

Unha delas é a convocatoria dunha concentración como chamada de atención aos gobernos do Concello e da Xunta e ás empresas concesionarias das liñas de transporte interurbano que realizan o servizo no concello, ATSA e Metytour, como partes implicadas e responsables de prestar ou de velar por que se preste un servizo digno do tempo en que vivimos.

A concentración será o sábado 7 de abril, ás 12:00 do mediodía, diante do Concello de Gondomar e nela demandaranse:

  • A inclusión de Gondomar no Plan de Transporte metropolitano e a implantación dos descontos da tarxeta metropolitana.
  • A recuperación da liña de Melytour por Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso.
  • A resolución do conflito das liñas/paradas entre Gondomar e Vigo xerado entre ATSA e Melytour.
  • Servizo regular entre as parroquias, ao CUVI e cos concellos do Val Miñor.