Sin categoría

O Concello de Baiona informa aos interesados en participar en “Depotermal 2018”

O Concello de Baiona informa de que está aberto o prazo para participar en “Depotermal 2018” ata o próximo 18 de abril. O programa da Deputación de Pontevedra consta de dúas modalidades: asistencia diaria e con pernoita en réxime de pensión completa.

A primeira opción consiste en pasar 5 mañás ou tardes consecutivas dunha mesma semana nun balneario da provincia de Pontevedra facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús, e a segunda consiste en gozar de estancias de 6 días e 5 noites en balnearios ou hoteis con spa da provincia, en réxime de pensión completa.

Este programa está destinado a persoas nadas antes de 1968, pensionistas, etc. Os interesados poderán recoller o impreso de solicitude no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.