A baionesa Mireya Represa proclámase campioa galega absoluta de xadrez

FOTO: LAROCA // Mireya Represa, campioa galega absoluta de xadrez.

Rematados os Campionatos Galegos de Xadrez celebrados en Padrón, a xogadora do xadrez Laroca de Nigrán Mireya Represa proclamouse campioa absoluta grazas aos 5,5 puntos acadados de 8 posibles con cinco vitorias e unhas táboas, e a tan só un punto do gañador o mestre Fide Fernando Sánchez Aller do Club Rianxo. Con este resultado a baionesa acada praza para participar no Campionato de España Absoluto.

Na categoría sub 16 as representantes do equipo miñorán Ana Fernández e Laura González acadaron os seus obxectivos de mellorar o ránking inicial, co inconveniente de que a primeira xornada non a puideron disputar por atoparse de intercambio co seu instituto. Laura acadou os tres puntos, rematando no posto 59, sendo o posto de saída o 67. Ana acadou os catro puntos rematando no posto 39, mellorando o seu ránking nun posto.

A BAIONESA MIREYA REPRESA PROCLÁMASE CAMPIOA GALEGA ABSOLUTA DE XADREZ
FOTO: LAROCA // Ana Fernández, Laura González e Mireya Represa nos Campionatos Galegos de Xadrez.
Anuncios