Ciclista atropelado en Gondomar

O CIAE 112 Galicia tivo constancia dun ciclista atropelado cando se desprazaba pola estrada de Prado, en Gondomar. O accidente produciuse arredor das cinco desta tarde e foi o condutor implicado quen avisou ao 112 Galicia. Para atender ao ferido, desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias e tamén se informou aos efectivos do GES do Val Miñor.

Anuncios