Anuncios
Ticker de novas

O AD Vincios proclámase campión galego xuvenil

FOTO: AD VINCIOS // Andrés Torres, Mario Cebreiro, Simón Casal e Nicolás González.

O Pavillón do Colexio da Solaina en Narón acolleu os días 27 e 28 de marzo o XXXI Campionato Galego Xuvenil de Tenis de Mesa. O equipo do AD Vincios formado por Andrés Torres, Mario Cebreiro, Simón Casal e Nicolás González fíxose coa medalla de ouro, proclamándose campión galego da categoría. Ademais, Mario e Simón proclamáronse subcampións en dobres, onde Nicolás e Andrés levaron a medalla de bronce como semifinalistas. Andrés conseguiu outro bronce en individual, e finalmente, Luisa Pintos proclamouse subcampioa en dobres xunto con Judith Cobas do Arteal TM. En individual logrou chegar ata os cuartos de final.

Anuncios