Alerta laranxa en todo o litoral galego por temporal costeiro

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Ondada na Concheira.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta vén de activar a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego a partir desta madrugada.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta madrugada espérase temporal costeiro por vento do oeste ao suroeste rolando a noroeste de forza 8, e mar combinada con ondas que poden acadar pos 7-8 metros.

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.