Brais Gómez, convocado coa Selección de Galicia de Estrada Júnior

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Federación Galega de Ciclismo publicou este mércores a convocatoria da Selección de Galicia de Estrada Júnior para disputar dúas probas na provincia de Valladolid durante o fin de semana do 7 e do 8 de abril. O sábado participará na Contrarreloxo por Equipos (CRE) do III Trofeo A Cistérniga – Vina de Cega e o domingo competirá no VII Trofeo Federación.

Entre os convocados polo seleccionador Guillermo Sande para esta dobre cita está o corredor baionés Brais Gómez Cima, integrante do Club Ciclista Ponteareas. Tamén se desprazarán a terras valisoletanas os seus compañeiros de equipo Adrián Giráldez Rodríguez e Iván Rodríguez Soto, Brais García Romero do Cambre-Caeiro, Martín Soutullo Trigo do Carballo a un Paso e Uxío San Martín Domínguez do Cortizo-Anova.