Anuncios
Ticker de novas

Santiago Domínguez colaborará na formación da base do Baíña Fútbol Sala

O Baíña Fútbol sala conta coa colaboración de Santiago Domínguez para apoiar aos adestradores do club baionés, que pretende seguir apostando pola calidade e a formación para ofrecer aos nenos a mellor aprendizaxe.

O traballo de Domínguez centrarase en charlas e vídeos cos diferentes técnicos de base, así como o seguimento de todas as sesións de traballo e o implantar unha metodolóxica moderna que sirva para todas as categorías do club. Domínguez traballará man a man co coordinador Daniel Álvarez e co numeroso grupo de adestradores: Luis López de xuvenís e infantís, David Prado de cadetes, Pedro Grandal, Aarón Carrascal e Jose Baeta de babys e benxamíns, Carlos Pachón de infantís e o propio Daniel Álvarez que se encarga de prebenxamíns e alevíns.

Domínguez é adestrador titulado Nivel III (Nacional) actualmente adestrador do Talleres ABC de Nacional e ademais foi o encargado da selección cadete feminina de Vigo. Desde hai anos Domínguez vén colaborando co club nas xornadas de porteiros e xornadas de formación en sénior.

Anuncios