Anuncios
Ticker de novas

2 ouros, 1 prata e 1 bronce para o CPA Gondomar no Trofeo Deputación de Pontevedra

FOTO: CPA GONDOMAR // Joel Ribeiro, Sara Ferreira, Ainhoa Vidal, Lola Álvarez, Sofía Costas e Andrea López.

O Pavillón Municipal de Coruxo acolleu este domingo o Trofeo Deputación de Pontevedra, organizado pola sección de Patinaxe do Coruxo FC, onde preto de 80 patinadores e patinadoras fixeron unicamente o programa curto para todas as categorías, excepto Benxamín e Sénior, tanto masculinas como femininas.

Os seis patinadores do Club Patinaxe Artístico Gondomar que participaron no evento conseguiron dous primeiros postos, un segundo, un terceiro, un cuarto e un quinto. Joel Ribeiro e Sara Ferreira fixéronse coa medalla de ouro en Alevín. Nesta mesma categoría, Ainhoa Vidal foi cuarta e Lola Álvarez quinta. Sofía Costas levou a medalla de prata en Infantil e Andrea López a de bronce en Júnior.

2018-03-26 - 29542481_2314677115425523_1641232733199100653_n

Anuncios