O “Batuta de Oro” Carlos Ramón Pérez dirixe por un día a Banda de Vincios

Baixo a batuta do mestre Carlos Ramón Pérez como director convidado, a Banda de Vincios actuou este domingo no torreiro da capela de Santa Lucía con gran acollida de público, que xunto cos músicos desafiaron valentemente as baixas temperaturas para gozar das composicións de mestres galegos e alicantinos.

Carlos Ramón Pérez é un recoñecido director a nivel internacional e gañador de premios como a “Batuta de Oro” (Kerkrade 2017) ou o “7th European Conductors Competition” (Oostende, Bélxica). A “Batuta de Oro” do International Conductors Competition é o premio de dirección de banda máis importante a nivel mundial, un concurso que cada catro anos se enmarca no World Music Contest de Kerkrade (Países Baixos).

Ao finalizar o concerto, a Banda de Vincios entregou ao director alicantino unha lámina de Irene Silva que ilustra o reflexo da agrupación, coa que agasallou ao seu convidado.

Un alicantino de proxección internacional

Carlos Ramón Pérez Iniciase na dirección da man de Manuel Mondéjar Criado, para logo cursar os seus estudios na Academia de Dirección de la Vall d’Abaida, cos mellores mestres de España. Máis tarde emprende os seus estudios na “ZUYD University” de Maastricht co mestre Jan Cober, onde obtén en 2014 o Grao en Dirección de Banda e en 2016 o Master de Dirección.

No 2014 foi finalista do “Primer Concurso Internacional de Dirección de Banda” da Universidade de Alicante. En abril de 2017 proclamouse vencedor do “7th European Conductors Competition” en Oostende (Bélgica), obtendo ademáis o premio do público.

En xullo de 2017, acadou o premio de dirección de banda máis importante a nivel mundial: a Batuta de Ouro do International Conductors Competition en Kerkrade (Países Baixos).

Púxose ao frente de bandas como a Royal Wind Band of the Belgian Guides ou a European Union Youth Wind Orchestra, orquestras como a Kammerorkest Brugge ou a Orquesta Haydn de Bolzano. Foi director artístico da Agrupación Musical do Rosal (Pontevedra), así como director convidado en diversas formacions profesionais.

Na actualidade, Carlos Ramón Pérez é director titular da AMCE Santa Cecilia de Elda e da Unión Musical Torrevejense.