A Semana Santa arranca en Gondomar coa Procesión da Borriquiña

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Borriquiña

Este domingo 25 de marzo comeza a programación de actos e cultos relixiosos da Semana Santa en Gondomar coa celebración da Procesión da Borriquiña, por segundo ano consecutivo, cun burro vivo. Tras a bendición de Ramos e Palmas na Praza da Alameda, comezará o percorrido ata a Igrexa Parroquial de San Bieito, onde se celebrará a misa ás 12:30 do mediodía. Ás 20:30 horas terá lugar unha nova bendición de Ramos e a misa da Paixón do Señor.

Gondomar

• Día 25, domingo de RAMOS: Bendición de ramos, procesión da borriquilla e misa ás 12.30 do mediodía. Bendición de Ramos e misa da Paixón do Señor ás 8.30 da tarde.
• Día 28, mércores santo: Celebración penitencial ás 8.00 da tarde.
• Día 29, Xoves SANTO: Celebración da Cea do Señorás 8.30 da tarde. Procesión dos Catro Pasos ás 9.30 horas. Hora Santa ás 10.30 da noite.
• Día 30, Venres SANTO: Laudes ás 9.30 da mañá. Celebración da Paixón do Señor ás 8.30 da tarde. Procesión da Virxe da Esperanza ás 9.15 da noite.
• Día 31, sábado de GLORIA: Laudes ás 9.30 da mañá. Solemne VIXILIA PASCUAL ás 10.30 da noite.

Mañufe

• Día 25, domingo de RAMOS: Bendición de ramos e misa da Paixón do Señor ás 11.30 da mañá.
• Día 27, martes santo: Celebración penitencial ás 7.00 da tarde.
• Día 29, Xoves SANTO: Celebración da Cea do Señor ás 7.00 da tarde. Procesión da Dolorosa ás 7.45 horas.
• Día 30, Venres SANTO: Vía Crucis ás 10.30 da mañá. Celebración da Paixón do Señor ás 7.00 da tarde.
• Día 31, sábado de GLORIA: Solemne VIXILIA PASCUAL ás 8.45 da noite.

Peitieiros

• Día 25, domingo de RAMOS: Bendición de ramos e misa da Paixón do Señor ás 10.30 da mañá.
• Día 28, mércores santo: Celebración penitencial ás 6.00 da tarde.
• Día 29, Xoves SANTO: Celebración da Cea do Señor ás 6.00 da tarde. Hora Santa a continuación.
• Día 30, Venres SANTO: Celebración da Paixón do Señor ás 6.00 da tarde.
• Día 31, sábado de GLORIA: Solemne VIXILIA PASCUAL ás 7.30 da tarde.