Anuncios
Ticker de novas

A Xunta investirá preto de 70.000 € no cambio da cuberta do CEIP Souto Donas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de anunciar un investimento de preto de 70.000 euros para a substitución integral da cuberta do CEIP Souto Donas, na localidade pontevedresa de Gondomar. Con tal motivo o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o centro educativo para informar á dirección da actuación prevista.

O representante do Goberno galego, acompañado polo xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e o arquitecto técnico do proxecto, salientou o esforzo inversor da Administración autonómica en acondicionamentos e melloras dos centros escolares da área. Concretamente, cifrou os investimentos realizados en infraestruturas educativas de Gondomar en máis de 620.000 euros nos últimos anos. Á visita tamén acudiu o alcalde da localidade, Francisco Ferreira.

A obra, con cargo ao programa RAM (Reforma, Ampliación e Mellora) de centros educativos, busca un mellor e maior grado de illamento térmico do que ofrece a actual cubrición, formada por catro corpos unidos entre si con cubertas diferenciadas. Segundo explicou o arquitecto do proxecto, aproveitarase a intervención para a renovación dos elementos de recollida de auga, canles e baixantes. Asemade, construirase unha nova rede de saneamento de pluviais que recolla a auga nas cubertas e a conduza á rede xeral de saneamento.

A XUNTA INVESTIRÁ PRETO DE 70.000 € NO CAMBIO DA CUBERTA DO CEIP SOUTO DONAS

Anuncios