O Conservatorio de Gondomar celebra 35 anos de historia

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Concerto do Conservatorio de Gondomar.

O Conservatorio Elemental de Gondomar celebra un concerto conmemorando os 35 anos dende a súa creación, onde presentará a programación das actividades previstas para este ano 2018, chea de concertos, master class, e outras sorpresas.

No acto participará Josefa Estarque coa presentación do seu libro «50 anos do Conservatorio de Vigo», Irene Silva, creadora do novo logo, e rematará coa participación do coro e a orquestra do centro coa colaboración de ex alumnos. O concerto terá lugar o mércores 21 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. A entrada é gratuíta ata completar aforo.