As mellores tortas de voda están en Gondomar por segundo ano consecutivo

FOTO: CHUPIPOSTRES // Unha torta de voda de Chupipostres.

Chupipostres de Gondomar foi galardoado por segundo ano consecutivo co premio Wedding Awards 2018 para a categoría Tortas de voda, únicos na provincia de Pontevedra. Desde fai cinco anos, Bodas.net outorga estes premios á excelencia no servizo ofrecido polas empresas do sector nupcial do noso país e xa se converteu nun referente para as parellas que organizan a súa voda á hora de escoller provedores para o seu gran día.

Un ano máis Bodas.net, líder global no sector nupcial, asignou os Wedding Awards ás empresas e profesionais do sector baseándose exclusivamente nas opinións e valoracións das parellas que contrataron os seus servizos.

O galardón premia ao 5% das empresas que obtiveron o maior número de opinións e as mellores cualificacións de cada categoría entre máis de 41.000 empresas, tendo tamén en consideración a súa continuidade e calidade do servizo ofrecido.

“Non hai mellores xuíces para outorgar estes premios que as parellas que xa organizaron e celebraron a súa voda. Eles son os grandes expertos e os que realmente poden valorar os servizos dos profesionais a quen confía o seu gran día que ademais de moi especial é irrepetible e por tanto o traballo ben feito de todos os servizos contratados son de vital importancia. Por tanto, este recoñecemento é a mellor proba que outras parellas poden ter á hora de confiar en eles”, comenta Nina Pérez, CEO de Bodas.net.

Os premios Wedding Awards repártense entre 18 categorías: Banquete, Cátering, Fotografía e vídeo, Música, Coche de voda, Transporte, Invitacións de voda, Detalles de voda, Flores e decoración, Animación, Torta nupcial, Noiva e complementos, Noivo e complementos, Beleza e asesoramento, Xoiería, Lúa de mel, Organización e Outras categorías.