I Ruta Cabalar en Parada

FOTO: PEPE COSTAS

A Comisión de Festas Santiago e Santa Ana organiza a I Ruta Cabalar de Parada o vindeiro domingo 25 de marzo. A saída será ás 9:30 da mañá desde Porto do Molle, con petiscos na pista de futbito de Monte Castelo e comida ás 14:30 horas con carne ao caldeiro. Ademais, a partir das 16:30 horas haberá xinkana, trotóns e sorteos. As inscricións, cun prezo de 20 euros, poden formalizarse ata o 23 de marzo no Bar da Comisión ou nos teléfonos 678 452 234 (Anxo) ou 611 441 083 (Ignacio).