Anuncios
Ticker de novas

Baiona acollerá por cuarto ano consecutivo a Copa Mahou Galicia F7 Cup

FOTO: GALICIA F7 CUP // A competición no Campo de Aral.

O próximo 16 e 17 de xuño a Galicia F7 Cup volverá a Baiona por cuarto ano consecutivo para celebrar o seu fin de festa. A Copa Mahou Galicia F7 Cup 2018 reunirá aos mellores equipos da competición no Campo do Aral para vivir dous intensos días de fútbol e diversión.

O sistema de competición non cambiará respecto da pasada edición. Todo empezará cunha fase previa formada catro equipos convidados pola organización que loitarán por unha praza na fase de grupos. Tras estes primeiros compases, iniciarase a citada fase de grupos. De aí clasificaranse catro equipos para a fase de eliminatorias que, en formato de semifinais e final, acabará coroando ao mellor equipo de fútbol 7 de Galicia.

Percorrendo mundo

E de Baiona a San Sebastián de los Reyes. Os tres mellores equipos da fase autonómica gañáronse o seu dereito para participar no Campionato Nacional de Fútbol 7 que este ano se celebrará en terras madrileñas. A través da Asociación Española de Minifútbol (AEMNF) e a European Minifootball Federation (EMF), os equipos da Galicia F7 Cup poderán seguir percorrendo etapas a nivel europeo se se proclaman campións nacionais, representando a España na EMF Champions League.

A outra vía internacional ten que ver coa Federación Internacional de Fútbol 7 (FIF7), os equipos Galicia F7 Cup tamén poderán participar nos torneos organizados por este ente internacional como o Football 7 European Club Championship, que reunirá aos mellores persoais do continente do 14 ao 16 de setembro en Barcelona. O acceso a este premio único ten en conta o formato liga durante a tempada regular nas tres sedes da competición.

Anuncios