Anuncios
Ticker de novas

A baionesa Silvia Marcote inicia a Liga Galega de Tiro con Arco 3D cun segundo posto

Silleda acolleu este domingo, con choiva e vento, a primeira proba da Liga Galega de Tiro con Arco 3D, organizada polo club Dezarco.

A baionesa Silvia Marcote, do club redondelán Meigarco, soltando frechas como sénior cando é cadete, conseguiu na súa primeira intervención nesta categoría unha segunda posición.

É un bo comezo de liga e sobre todo unha estupenda aprendizaxe para o próximo Campionato de España de categorías inferiores, júnior, cadetes e sub 14 que se celebrará en Barcelona.

Anuncios