Estumballadas prepara o II Rastrexo de Baredo “Terra de Vikingos”

FOTO: ESTUMBALLADAS // I Rastrexo de Baredo

Estumballadas, coa colaboración da Comisión de Festas da Virxe do Carme de Baiona, organiza o vindeiro sábado 26 de maio o II Rastrexo de Baredo “Terra de Viquingos”. As inscricións para participar, que se abrirán proximamente, poderán realizarse a través do correo electrónico estumballadas@gmail.com, indicando o nome do equipo, número de compoñentes e teléfono de contacto. O prezo da inscrición, 5 euros por persoa, deberá abonarse en efectivo no Centro Cultural de Baredo.

A idade mínima para participar é de 12 anos, e os equipos deberán estar formados por entre 6 e 12 membros, con dous adultos como mínimo. Haberá un límite de 65 equipos, aínda que se permitirá a inscrición de 5 equipos a maiores que cubrirán as posibles baixas anticipadas. A saída estará situada no campo de fútbol de Baredo, onde haberá unha cantina posta pola Comisión de Festas da Virxe do Carme de Baiona. Os equipos irán saíndo de maneira graduada cada 5 minutos desde as 21:00 horas.

Anuncios