As ondas de Baiona que en realidade son en San Sebastián

Na tarde deste domingo comezou a circular polas redes sociais un vídeo no que supostamente vense os efectos do temporal na estrada PO-552 que une Baiona e A Guarda. O mar rompe con tanta forza que a auga alcanza tanta altura que mesmo chega alén da calzada, onde uns “atrevidos” inmortalizaban o momento cos seus móbiles.

Con todo, non se trata desta estrada do sur da provincia de Pontevedra, nin a zona do Rompeolas como tamén sinala algún usuario, senón que é o paseo novo de San Sebastián. Fixándonos na gravación, podemos ver un paseo marítimo con bancos, un carril bici de cor vermella, unha calzada cun único carril de circulación, e uns farois con forma arqueada. Con todo, na estrada entre Baiona e A Guarda temos dous carrís, non hai paseo nin bancos -no seu lugar está situado o carril bici-, e os farois son máis altos e de cor granate.

Anuncios