Sin categoría

O Concello de Nigrán ofrece un curso gratuíto de inxertos para empadroados

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición dende o luns 12 de marzo ao venres 16 para participar nun curso gratuíto de inxertos para empadroados no municipio que se desenvolverá o sábado 17 de marzo no Centro Antena de Nigrán (Otero Pedrayo). O número de prazas está limitado a 20 persoas e se seguirá unha rigorosa orde de inscrición a través da Oficina de Información Cidadá do Concello de 09:00 a 14:00 horas, ben presencialmente ou a través do teléfono 986 365 000. Os alumnos deberán acudir con tesoiras de xardín ou ben específica de inxertos se dispoñen dela.

O curso se desenvolverá de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas e durante o mesmo o docente especializado empregará medios audiovisuais para as explicacións e realizará demostracións de cada un dos inxertos que existentes, tendo os alumnos a oportunidade tamén de practicar individualmente.