
O Concello de Baiona está a iniciar a través da área de Igualdade, coa colaboración e asesoría técnica de SENES Desenvolvemento Comunitario, o proceso de avaliación do III Plan de Igualdade e a elaboración do IV Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello (PIOM).
A avaliación e a elaboración dun Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal é un proceso participativo que necesita das achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas. Tratando de realizar tanto un diagnóstico, como un documento real que sirva de base para a verdadeira transformación social da sociedade de Baiona e contribúa de maneira efectiva tanto á mellora da calidade de vida das mulleres e homes do municipio, como a optimizar os recursos existentes para a consecución da igualdade.
Neste marco de colaboración, as opinións da cidadanía de Baiona son de gran importancia, por este motivo, desde a Concellería de Igualdade, dirixida por Mª Carmen Paredes, se solicita a colaboración nesta fase de diagnose a través do cumprimento dunha enquisa que servirá como punto de partida. Dita enquisa deberase enviar antes do día 12 de marzo de 2018.