Anuncios
Ticker de novas

A Garda Civil investiga a un veciño de Nigrán por subtraer as pedras do muro dun pazo en Gondomar

FOTO: GARDA CIVIL // O muro do Pazo de Pampillón en Gondomar.

A Garda Civil de Gondomar investigou penalmente a un veciño do municipio Nigrán como presunto autor dun delito contra o patrimonio histórico, ao atribuírselle a subtracción dunha considerable cantidade de pedras no muro que circunda o Pazo de Pampillón no concello de Gondomar.

As investigacións levadas a cabo polos efectivos do Posto da Garda Civil de Gondomar iniciáronse o pasado mes de outubro por mor da noticia que recibe a Policía Local alertando da subtracción das pedras do muro que rodea o pazo de Pampillón, situado na parroquia de Santa María de Vilaza. Trátase dun inmoble catalogado e rexistrado como ben etnográfico no concello de Gondomar

As pescudas que viñan realizando intensificáronse cando se constata que nas últimas datas desapareceran novamente un número indeterminado de pedras no muro exterior que circunda o conxunto protexido.

Nesta ocasión o dispositivo de investigación consegue localizar á persoa que supostamente subtraera as pedras, que foron localizadas nas inmediacións do domicilio dun veciño no municipio de Nigrán. Ao ser identificado, recoñeceuse autor da subtracción e, o mesmo, de forma voluntaria, optou por devolver as pedras e restituílas ao lugar onde foran subtraídas.

En consecuencia, a Garda Civil notificoulle a esta persoa a súa condición de investigado pola presunta comisión dun delito contra ao patrimonio histórico, coa obrigación de comparecer, cando sexa citado, no Xulgado de Instrución de garda de Vigo onde se entregaron as dilixencias.

2018-03-09 - 20180305 MURO PAZO GONDOMAR1

Anuncios