Anuncios
Ticker de novas

Derbi de fútbol sala no Municipal de Baiona

Este domingo ás 16:15 no Pavillón Municipal de Baiona disputarase o partido entre o Baíña FS e Os Doval correspondente á liga preferente galega. Cada vez o fútbol sala está a ter máis repercusión no Val Miñor e este partido é un exemplo, xa que enfronta ao equipo baionés contra o de Nigrán, un derbi que a pesar da vantaxe na clasificación para os baiñeses prevese será igualado.

O equipo baionés vén de encadear dúas vitorias consecutivas ante Valladares e Ourense, o que os sitúa no sexto posto da táboa, e o técnico poderá contar con todos os seus xogadores, incluíndo a Aitor, o novo xogador do club.

O Baíña FS comunicou que tanto o sénior, filial e xuvenil vestirán este fin de semana de morado para conmemorar o Día Internacional da Muller. No descanso do partido terá lugar o tradicional concurso de puntería para nenos de 4 a 15 anos.

Anuncios